MAIORES E DEPENDENTES
ATENCIÓN A MAIORES E PERSOAS DEPENDENTES
Podemos proporcionarlle servizos de acompañamento e atención de anciáns e persoas dependentes, co horario e periodicidade que necesite.
Contamos con persoal cualificado e especialmente sensibilizado coas necesidades dos anciáns e persoas dependentes.
Non nos importa o horario. Traballamos para a súa tranquilidade.
Mentres Vd. non poida atendela, a súa familia estará acompañada por persoal de absoluta confianza. Nós encargámonos de buscar substitutos en caso de necesidade, ou nos períodos de vacacións.
Salgado só ofrece persoal asegurado e formado para atender a persoas maiores ou dependentes.
Non dubide en consultarnos. Pida información e solicite orzamento sen compromiso.