REFERENCIAS
UN COMPROMISO CONSTANTE COS NOSOS CLIENTES
Salgado conta cunha dilatada historia no ámbito da limpeza e servizos de mantemento. Son trinta anos a disposición dos nosos clientes, nos que destacamos por:
- Cumprimento de compromisos.
- Rigoroso sistema de seguimento da calidade do servizo.
- Formación dos nosos traballadores, tanto técnica como en materia de seguridade.
- Competitividade das nosas propostas.
Todo iso permítenos manter na actualidade unha carteira que supera o medio cento de clientes activos, entre os que se atopan as principais administracións públicas galegas e compostelás, grandes grupos de automoción, empresas tecnolóxicas e centros educativos, entre outros.
A nosa versatilidade, e a ampla formación e especialización dos nosos traballadores, permítenos dar resposta ademais á pequena empresa, as familias ou as comunidades de veciños.
ALGÚNS DOS NOSOS CLIENTES
Limpezas de obra
- Aeroporto de Santiago
- Cidade da Cultura de Galicia
- Centro Comercial As Cancelas
- Auditorio de Galicia
- Escola Galega de Administración Pública
- Centro Galego de Arte Contemporánea
Limpeza de mantemento:
- Parlamento de Galicia
- Cidade da Cultura de Galicia
- Universidade de Santiago de Compostela
- Universidade da Coruña
- Concello de Ames
- Concello de Brión