A EMPRESA

TRINTA ANOS DE EXPERIENCIA

Salgado é unha empresa radicada en Santiago de Compostela, de orixe familiar, resultado dun proxecto impulsado por profesionais con máis de 30 anos de experiencia no sector da limpeza integral e o mantemento.

Máis de 500 clientes activos avalan diariamente a nosa profesionalidade.

Nos últimos 30 anos a empresa foi crecendo e ampliando prestacións, sempre co obxectivo de dar o mellor servizo e responder as necesidades dos nosos clientes. Particulares, empresas e institucións confían diariamente as súas instalacións a Salgado. Hoxe contamos con máis de 350 traballadores especializados.

A pesar do crecemento nunca esquecemos as orixes. Mantemos o trato persoal e amigable cos nosos clientes, proveedores e traballadores, que definiu os nosos primeiros pasos fai 30 anos. Iso fainos diferentes: próximos, flexibles, dispostos a escoitar e a adaptarnos rapidamente ás esixencias de cada momento.

A nosa versatilidade garante poder responder as súas necesidades, sexan cales sexan.

Cubrimos un amplo rango de servizos nos ámbitos da limpeza, mantemento, axuda a domicilio, xardinería e outsourcing. Somos tamén unha referencia na venda de útiles de limpeza dende a nosa tenda Salgado de productos de limpeza en Santiago de Compostela.

Salgado ofrécelles un contacto directo, experiencia, dedicación e solucións á súa medida.

Estaremos encantados de analizar con Vd. as súas necesidades. Chámenos ou pida orzamento sen ningún tipo de compromiso.

Traballamos dende a confianza, a eficiencia e o coidado do medio natural.

PRESUPUESTO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies