SERVIZOS EXTERNOS

CONFÍE EN SALGADO SE PENSA EN EXTERNALIZAR PROCESOS

Hai moitas tarefas que poderiamos facer por Vd.

A externalización de tarefas ou procesos é unha das estratexias empresariais máis utilizadas por algunhas empresas para reducir custos e mellorar resultados.

Contratar unha empresa especializada en mantemento de equipos e instalacións; conserxería; procesos de embalaxe ou control de almacéns ou accesos, son só algúns exemplos de como pode abaratar os seus custos de persoal e mellorar a conta de resultados, sen por iso renunciar a que as tarefas sexan desenvolvidas dun modo profesional e coa periodicidade que sexa necesaria.

As áreas de servizo nas que nos especializamos ao longo dos últimos 30 anos, permítennos ofertar con garantía persoal, materiais e equipos cualificados para un amplo rango de actividades, estruturadas en dúas grandes áreas:

  • Mantemento xeral e preventivo
    Fontanería, electricidade, equipos, maquinaria, control e reposicións, pequenas obras de albanelería, zonas verdes, etc.
    Os nosos traballos de mantemento prográmanse previo estudo das necesidades, sempre co obxectivo de conservar en condicións idóneas un edificio, local comercial, planta industrial ou comunidade de veciños. As revisións periódicas garanten a intervención antes de que se produzan os problemas, minimizando riscos e problemas e abaratando custos. Incluímos instalacións eléctricas, de fontanería y mecánicas, así como a realización de pequenas obras de albanelería, se fose necesario para o correcto mantemento dos seus locais ou plantas.
  • Desenvolvemento de tarefas e procesos
    Con periodicidade regular ou ocasional: control de accesos, embalaxe, atención de conserxerías, atención a usuarios en centros socio-sanitarios (residencias da terceira idade, centros de día), acompañamentos, subalternos, camareiras/os de piso en hostalería, etc.

 

PRESUPUESTO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies