SALGADO: MANTEMENTO DE ZONAS VERDES

SOLUCIÓNS A MEDIDA

A nosa experiencia e versatilidade permítennos poder ofrecer un amplo abanico de servizos a empresas, administradores de fincas e comunidades de veciños. Se a súa preocupación é a de contar con profesionais cualificados de limpeza e mantemento, incluídas zonas verdes, Salgado é a súa opción.

Podemos axudarlle na limpeza e conservación dos xardíns e zonas verdes da súa empresa ou comunidade de veciños, realizando de modo periódico todas as tarefas necesarias para que luzan correctamente coidadas e ordenadas.

Non hai peor impresión que a provocada por unha contorna con aspecto descoidado. Limpeza e reciclaxe de residuos vexetais, poda, roza ou mantemento de sistemas de rega, son algunhas das tarefas que podemos desenvolver por Vd. Tamén podemos levar a cabo as plantacións de tempada, encargarnos periodicamente de recortar sebes, de manter peches ou de aplicar os tratamentos fitosanitarios necesarios para conservar sa a vexetación.

O noso traballo nas zonas verdes pode resultar o complemento idóneo para un amplo programa de limpeza e mantemento de edificios de empresas, polígonos ou comunidades de veciños. Non dubide en consultarnos. Realizaremos un proxecto adaptado ás súas necesidades que quizá o sorprenda.

PRESUPUESTO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies