SALGADO

A PRIMEIRA IMPRESIÓN É A QUE CONTA

Non se trata só de limpeza, hixiene e seguridade. Todos aspiramos a proporcionar a mellor imaxe posible aos nosos clientes, mostrando un entorno limpo e ordenado.

En Salgado ofrecemos servizos profesionais de limpeza a todo tipo de empresas, desde grandes plantas industriais a centros sanitarios, comunidades de veciños ou fábricas do sector agroalimentario.

Sorprenderao comprobar que con Salgado pode gañar en limpeza e en orde aforrando diñeiro, esforzo e tempo.

Estamos orgullosos do noso equipo humano: ben formado, entrenado para desenvolver o seu traballo con altos índices de rendemento e habilitado para manexar os máis modernos equipos de limpeza.

Invitámolo a coñecer os servizos que proporciona Salgado. Non dubide en contactar connosco e solicitar presuposto sen ningún compromiso.

Empresas e oficinasTítulo de pestañaCentros sanitarios e asistenciaisCentros comerciais, ocio e eventosIndustria e sector alimentarioTransportesLimpeza fin de obraCristaisProductos ecolóxicos
Salgado ofrece servizos de limpeza diarios ou regulares a empresas e oficinas, sen importar a sua dimensión. Unha boa limpeza mellora a súa imaxe pública e mantén unha contorna limpa, hixiénica e segura.

Está demostrado que un bo ambiente de traballo eleva a moral e axuda a mellorar o rendemento dos traballadores. Estamos en disposición de ofrecerlle un amplo abanico de servizos que facilitarán o seu día a día e evitaranlle ter que localizar distintos provedores: limpeza de cristais, mantemento eléctrico ou de equipos, limpeza diaria ou semanal ou limpezas de tempada, son só algúns exemplos do que podemos facer pola súa empresa.

Unha limpeza profesional da súa empresa mellora o seu aspecto e elimina riscos. Pídanos presuposto sen compromiso. Avaliaremos o mellor modo de dar servizo á súa empresa.

SALGADO LIMPIEZAS GENERAL EMPRESAS Y OFICINAS

A dirección dunha comunidade de veciños pode resultar unha verdadeira carga. salgadoofrécelle liberalo dunha parte importante das súas responsabilidades como presidente ou administrador da comunidade, asumindo os labores de limpeza e mantemento xeral.

Son xa moitas as comunidades de veciños que confían en nós para levar a cabo a limpeza diaria do portal, escaleiras, cristais, garaxes e outras áreas de uso común nos edificios. Podemos facernos cargo tamén do mantemento de xardíns, zonas verdes e áreas comúns de comunidades de veciños. A nosa traxectoria e experiencia acreditan un traballo profesional a prezos altamente competitivos.

Contratar unha empresa profesional garante que o seu edificio estea sempre atendido, sen ter que preocuparse de substituír ao persoal por baixas ou vacacións, ou a compra de produtos e equipos de limpeza.

Non dubide en solicitar orzamento para a limpeza e mantemento xeral do seu edificio ou urbanización.

LIMPIEZAS SALGADO COMUNIDADES VECINOS

Clínicas, consultorios médicos, farmacias, clínicas veterinarias, residencias, centros de saúde ou centros de día e asistenciais, son instalacións que esixen atención especial en canto a limpeza. Só profesionais cos coñecementos, produtos e equipos adecuados poden proporcionala.

Nos centros sanitarios e asistenciais, a limpeza profesional diaria reduce o risco de permanencia de xermes que poidan afectar a profesionais, pacientes e visitantes. Ademais, una aparencia limpa, ordenada e hixiénica dunha clínica ou centro asistencial, reflicte a profesionalidade da atención que proporciona, e a autoridade dos profesionais que a atenden.

Podemos orientalo e serlle moi útiles na limpeza e desinfección diaria da súa clínica, consulta médica ou centro asistencial. Como servizo profesional, en Salgado temos acceso a produtos industriais deseñados especialmente para a limpeza e desinfección de espazos moi sensibles como son as clínicas, consultorios ou centros veterinarios.

SALGADO LIMPIEZAS GENERAL CENTROS SANITARIOS

A limpeza de centros comerciais, pavillóns deportivos, salas de festa, museos ou recintos feirais, esixe o desprazamento de profesionais especializados e maquinaria adecuada para todo tipo de superficies. salgado ofrécelle asesoramento para lograr que o seu recinto se manteña sempre nunhas condicións adecuadas, e os usuarios o perciban en todo momento como un espazo limpo e ordenado.

O remate de calquera evento multitudinario obriga á retirada de residuos de todo tipo (cartón, madeira, elementos decorativos, envases), que en Salgado xestionamos de modo individualizado e sempre procurando a súa adecuada selección para facilitar a reciclaxe.

Solicite orzamento sen compromiso e poderá valorar os custos e avaliar as grandes vantaxes de contar cun equipo profesional de limpeza para o seu recinto. Podemos colaborar de modo regular, ou só para as ocasións en que se celebre un evento.

LIMPIEZAS SALGADO CENTROS COMERCIALES

As instalacións industriais e cadeas de produción alimentaria esixen equipos, métodos e produtos especiais para a súa limpeza.

En Salgado contamos coa formación, experiencia e maquinaria necesarios, para levar a cabo a limpeza deste tipo de instalacións.

Abarcamos diversos sectores. Non dubide en consultar e solicitar orzamento.Analizaremos in situ as súas necesidades antes de realizar unha proposta de limpeza para as súas instalacións.

limpiezas salgado naves industriales

A primeira impresión é a que conta. Por que non xerar a mellor entre os seus traballadores e clientes, dispoñendo dunha contorna limpa, hixiénica e ordenada?

Aeroportos, estacións de autobuses e trens, son contornos que esixen limpeza diaria e a fondo. Son miles os pasaxeiros que utilizan estas instalacións de modo regular, que por iso se converten en espazos especialmente sensibles en canto á transmisión de enfermidades por contacto ou proximidade.

Unha limpeza profesional non vai evitar o contaxio de enfermidades, pero si pode reducir moito os riscos cando a programación é realizada por un equipo cualificado. O axuste das frecuencias segundo o uso das instalacións; a utilización de produtos antibacterianos e desinfectantes nas áreas de maior risco potencial; ou a adecuación da maquinaria segundo as áreas e superficies, son algúns dos criterios que utilizamos nas nosas propostas de limpeza para aeroportos e estacións.

Pode confiarnos a limpeza das súas instalacións. A nosa experiencia está avalada por 30 anos de traballo no sector da limpeza.

SALGADO LIMPIEZAS GENERAL TRANSPORTES

A limpeza de fin de obra é extremadamente importante para conseguir espazos limpos, habitables e aptos para poder desenvolver a función para a que foron concibidos. Nunha limpeza deste tipo hai moitos aspectos para considerar, máis aló das obrigas legais. Calquera obra nova debe ser limpada a conciencia antes da súa ocupación ou da súa venda.

Este tipo de traballos realízase utilizando múltiples útiles, maquinaria e produtos, todos eles moi específicos e que esixen ser manipulados por profesionais. Paredes, teitos,marcos, cristais e pavimentos, adoitan conter restos de obra que é necesario remover coidadosamente para non deixar rastros, nin danar as superficies.

Poida que o sorprenda comprobar os beneficios de contratar unha empresa profesional, no canto de arriscarse a que se danen paredes, sanitarios ou chans por un mal uso de útiles e produtos. Só persoal cualificado pode levar a cabo esta tarefa dun modo profesional. Por iso, con independencia do tamaño da empresa construtora, animámolo a consultar con Salgado o mellor modo de entregar a súa obra e a coñecer os clientes con quen traballamos neste aspecto.

LIMPIEZAS SALGADO FIN DE OBRA

Utilizamos os cristais para permitir pasar a luz, ou para deixar ver o noso negocio desde o exterior. Pero estes obxectivos incúmprense se non os mantemos perfectamente limpos. Un cristal sucio e descoidado non só dificultará a visión dos nosos produtos, por exemplo, nun escaparate, senón que proporcionará unha moi mala imaxe do noso negocio ou oficina.

Manter os cristais transparentes é un traballo que debe realizarse de modo regular, e con produtos que axuden a repeler a auga e o po, para conseguir unha limpeza máis duradeira.

A nosa experiencia confírmanos que manter os cristais relucentes é o mellor cartón de presentación que pode ter a súa empresa. Salgado está aí para axudarlle a conseguir unha visión máis clara do seu negocio, cara a dentro, no seu propio beneficio e dos seus traballadores; e cara a fóra, pola súa imaxe ante clientes e viandantes.

Consúltenos sen compromisos as condiciós e prezos para a limpeza diaria, semanal ou ocasional dos escaparates e ventás da súa empresa ou negocio.

SALGADO LIMPIEZAS GENERAL CRISTALES

En Salgado estamos en disposición de ofrecerlle a máis ampla gama de produtos e útiles de limpeza, todos eles certificados conforme ás máis estritas normativas europeas e internacionais de seguridade e protección ambiental. A iso únese a formación dos nosos traballadores en aspectos tan importantes como a eficiencia enerxética, o aforro de auga ou o mellor aproveitamento dos produtos de limpeza. Nosa propia conciencia e responsabilidade fai que reduzamos ao mínimo o uso de compostos químicos: só utilizamos os necesarios e do modo máis eficiente, para reducir ao mínimo o seu impacto sobre a nosa contorna.

Pero se Vd. desexa ir máis alá, e prefire que utilicemos exclusivamente compostos que fosen certificados como ecolóxicos, en Salgado contamos cos coñecementos e a experiencia esixida para conseguir o máximo rendemento e eficiencia deste tipo de produtos.

Temos ampla experiencia na limpeza verde. Non dubide en consultarnos. Analizamos cada necesidade dun modo individualizado, para así poder propoñer a mellor solución.

SALGADO LIMPIEZAS GENERAL PRODUCTOS ECOLÓGICOS

PRESUPUESTO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies