CALIDADE E MEDIO AMBIENTE

SALGADO, GARANTÍA DE CALIDADE

Salgado ten unha sólida traxectoria de trinta anos no sector que aportan coñecemento, experiencia e, sobre todo, un modo de traballar e de dar resposta ás necesidades dos clientes.

O noso funcionamento diario está apoiado en catro eixes fundamentais:

  • O cumprimento do noso compromiso cos clientes
  • O máximo respecto polos nosos traballadores
  • A observancia das normativas que incumben ao noso sector
  • O coidado do medio ambiente

Como empresa certificada coa norma internacional de Calidade ISO 9001, en Salgado todos os procesos están establecidos e documentados. A revisión é continua. Para nós, a calidade tanto dos procesos internos como do servizo son elementos inherentes e indispensables da nosa actividade.

Pola súa banda a certificación ISO 14001 é unha norma internacionalmente recoñecida que apunta á implantación de sistemas de Xestión Ambiental efectivos. Contar coa certificación supón que Salgado se implica en reducir o impacto sobre o medio e que cumpre as leis en materia ambiental.

A procura continua da calidade levounos a implantar sistemas regulados de Calidade (ISO 9001:08) e Medio Ambiente (ISO 14001:04).

Ver certificado  Ver certificado

Ver certificado Ver certificado

Política de calidade

PRESUPUESTO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies