POR QUE SALGADO

EXPERIENCIA, FIABILIDADE E INNOVACIÓN

botón Salgado_REV2Cando se pensa na contratación dunha empresa como a nosa seguro que se lle expoñen varias opcións sobre as que decidirse.

Por que cremos que Salgado lle pode ser útil a VUd. e á súa empresa?

  • Por unha sólida traxectoria
    A solidez de Salgado como organización aválanos. Xa son máis de 30 anos traballando no mesmo sector. A nosa experiencia pódese comprobar mediante referencias, e os selos de calidade apoian a nosa actividade diaria.
  • Pola nosa experiencia
    Confiar e delegar traballos de limpeza e mantemento é sempre difícil. Salgado dispón da experiencia, a formación e o coñecemento de procesos que só o tempo pode proporcionar.
  • Pola profesionalidade
    Non todos poden facer o que facemos. A preparación, a renovación e a posta ao día dos nosos traballadores e equipos é a clave. Somos profesionais da limpeza e o mantemento de instalacións.
  • Pola especialización
    Contamos con divisións e equipos especializados segundo o sector e os labores que se nos encomendan. Non é o mesmo a limpeza industrial que a doméstica; nin o mantemento preventivo dunha comunidade de veciños que o dunha liña de produción. Os servizos son desenvolvidos por persoal formado especificamente para realizalo.
  • Pola nosa responsabilidade
    Facémonos responsables do noso traballo. Achegamos ideas e solucións que facilitan e abaratan o custo dos procesos, tanto no ámbito do xurídico e laboral como no técnico e de organización.
  • Polos nosos prezos
    A estrutura de Salgado permítenos ser altamente competitivos. Vd. dispoñerá do mellor servizo. Os axustes no prezo non implican diminución da calidade do noso traballo. Pode comprobalo solicitando orzamento sen compromiso pola súa banda. A nosa máxima é lograr que perciba os nosos servizos como un valor e non coma un custo.

PRESUPUESTO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR