COMO CONTRATAR
SALGADO: SOLUCIÓNS DE LIMPEZA E MANTEMENTO A MEDIDA
Sexa cal for a súa esixencia, Salgado ofrece solucións a medida sobre orzamentos rápidos e sen compromiso. Poñemos á súa disposición a nosa experiencia e capacidade técnica para realizar a avaliación das súas necesidades e realizar unha proposta que garanta conseguir os seus obxectivos.
- Avaliación técnica
Indíquenos que necesita e nós realizarémoslle unha proposta de como conseguilo, sen ningún tipo de compromiso pola súa banda.
Un dos nosos supervisores desprazarase ás súas instalacións para coñecer a fondo as súas necesidades de limpeza ou mantemento.
Seguidamente realizaremos unha proposta que inclúe:- Descrición das tarefas para realizar.
- Periodicidade coa que deben ser realizadas para conseguir o mellor resultado.
- Asignación de frecuencias e número de horas necesarias.
- Avaliación da necesidade de utilizar:
– Produtos específicos: desengrasantes, desinfectantes, abrillantadores, tipos de xabón e outros.
– Procesos técnicos: decapado, cristalizado, encerado e outros.
– Maquinaria: varredoras, aspiradoras, monocepillos e outros.
- Valoración económica
Tras a avaliación técnica o noso equipo elaborará o orzamento do servizo e achegará todas as aclaracións que sexan necesarias, tanto no relativo aos aspectos económicos como á periodicidade ou ás características dos procesos técnicos que lle propoñemos.
- Execución e control de calidade
Unha vez fixadas as condicións das nosas tarefas, Salgado nomeará a un supervisor do servizo, que acompañará ao traballador ou traballadores que vaian realizar o traballo. Desde o primeiro día, o seu supervisor será responsable do seguimento do contrato no tempo, así como de realizar un control aleatorio mensual de calidade. O supervisor será a súa persoa de contacto en Salgado. Con el poderá seguir día a día a eficacia das nosas tarefas, avaliar resultados e realizar os axustes que considere necesarios.
O supervisor é garantía de control e eficacia tanto pola súa banda como pola nosa.
- Confianza e seguridade
O noso sistema garante que podamos cubrir as súas necesidades nas mellores condicións económicas.
Nós encargámonos de:- Facilitar persoal formado e especializado nas tarefas que van desenvolver.
- Facer o seguimento da eficacia do plan acordado.
- Proporcionar os produtos, útiles e maquinaria de limpeza necesarios.
- A nosa experiencia e a mellora continua á que sometemos os nosos procesos, farán que os equipos de Salgado traballen de modo coordinado, co maior rendemento esixible e aplicando sistemas avanzados de aforro de tempo, auga e produtos de limpeza, para o seu beneficio e o do medio ambiente.