TIMBEREX MADEIRA

 

Timberex Logo

En Salgado Limpezas distribuímos e ofrecemos a aplicación profesional dos produtos máis fiables para a protección de chans de madeira, os aceites naturais da firma Timberex.

Substitutos do verniz convencional, prodúcense dende 1927 en Inglaterra con procesos respectuosos co medio ambiente e garanten maior durabilidad, un prezo máis económico e o mellor acabado. Varios dos edificios máis emblemáticos do mundo úsanos para manter os seus chans en perfecto estado.

O seu sistema de aplicación é sinxelo e, cun mantemento adecuado, garante a durabilidade dos chans de madeira, independentemente do uso que reciban. Os aceites Timberex son válidos tanto para zonas de gran tránsito (vestíbulos, aeroportos, edificios de grandes empresas) como para domicilios particulares. Neste último caso, unha vez aplicado e cun coidado básico non precisa revisión ata pasados dez ou quince anos. Unha vez aplicado, nunca máis hai que preocuparse por lixar o chan.

Os aceites Timberex non só se poden aplicar a chans, senón que tamén son útiles noutras superficies de madeira como cubertas, encimeras ou mobles. Ademais, pódeselles dar un uso máis particular no campo das manualidades.

Non dubide en formularnos as súas preguntas sobre o sistema.

PRESUPUESTO

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies pique no enlace para maior información.

ACEPTAR